Galego  Español  Português  English  Français
Asociación
Publicacións
Actividades
Recursos
Fotografias
Contacto
 buscar
 
  Asociación Galego-Portuguesa de Educación Para a Paz (AGAPPAZ)

A fin de semana do 18 ao 20 de novembro de 2005, no transcurso do XIX ENCONTRO GALEGO E XII GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ, celebrado en Camposancos-A Guarda (Pontevedra), aprobouse formalmente o que viña sendo unha prática desde facía moitos anos: o traballo conxunto do movemento galego-portugués de educadores/as pola paz. Para darlle corpo legal, aprobaronse os estatutos da nova asociación creada coa denominación ASOCIACIÓN GALEGO-PORTUGUESA DE EDUCACIÓN PARA A PAZ (AGAPPAZ).

FINS:

a.- Promover e difundir a Educación para a paz, os dereitos humanos, o desenvolvemento e a cultura de paz en todos os ámbitos educativos, tanto na educación formal como na non formal, desde unha perspectiva positiva, crítica e nonviolenta.
b.- Promover o diálogo, a reflexión, a comunicación, o intercambio de experiencias e opinións, a formación e o traballo cooperativo entre os seus membros, desde e en torno ós principios da educación para a paz, así como con outras asociacións ou organizacións, de xeito que sumemos esforzos e presenza nun contexto cada vez maior.
c.- Fomentar a investigación no ámbito da educación para a paz, os dereitos humanos e o desenvolvemento.
d.- Difundir e elaborar materiais didáticos no ámbito da educación para a paz, os dereitos humaos e o desenvolvemento.
e.- Propoñer medidas e asesorar ás administracións educativas sobre propostas e programas educativos no ámbito da educación para a paz, os dereitos humanos e o desenvolvemento.
f.- Esixir ás autoridades educativas a posta en marcha de políticas de apoio á investigación e implementación da educación para a paz.
g.- Participar en campañas que incidan na construcción social da paz e na cultura de paz.


PRIMEIRA XUNTA DIREITIVA:

Tamén se procedeu a elexir a primeira Xunta direitiva quedando como sigue:
Presidente: Xesús R. Jares (Galicia)
Vicepresidenta: Helena Proença (Portugal)
Secretaria: Teresa Mª Rodrígues Ferreira (Portugal)
Tesoureiros: Mª Emilia Correia Moreira Dias Gregorio (Portugal) e Santiago Rodríguez Sánchez (Galicia)

Vocais:
Mª Virginia Rodrígues (Portugal)
Bernardo Carpente Allegue (Galicia)
Isabel Lima (Portugal)
Noa Caamaño (Galicia)
Americo Nunes Peres (Portugal)
Carmen Díaz Simón (Galicia)
Marisa Gamallo Bouzo (Galicia)

Camposantos-A Guarda (Pontevedra), 20 de novembro de 2005.

ESTATUTOS
Aqui presentamos los estautos de nuestra asociación:

  Estatutos

  Estatutos en Portugués

Copyright © 2008 Educadores Pola Paz | Aviso Legal